En que consiste?
No marco do proxecto «Valdoviño, concello cardioprotexido», o Concello instalou nos principais equipamentos públicos equipos DESA integrados por desfibrilador, vitrina, sinaléctica, kit reanimación e placa identificativa. O obxectivo do programa é facilitar o acceso á cidadanía dos citados puntos de rescate en emprazamentos estratéxicos con tempo de acceso en torno aos 5 minutos, o máximo de actuación que concede a cadea de supervivencia.
A quen vai dirixido?
Os espazos cardioprotexidos supoñen un seguro para a sociedade en xeral, e poden resultar vitais para salvar as vidas de persoas en parada cardíaca.
Espazos cardioprotexidos
- Casa do Concello
- Casa da Cultura
- Pavillón municipal Longoiro
- Piscina Municipal de Lago
- Campo Municipal Mourente
- Centro Sociocomunitario
- Centro As Forcadas
- Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia
- Escola unitaria de Lago
- Escola unitaria de Vilarrube
- Escola unitaria de Taraza
- Local social de Loira
- Local social de Sequeiro
- Centro social de Vilaboa
- CPI Atios
- Casetas de salvamento e socorrismo
- Policía Local
- Protección Civil
- Garda Civil