Image Alt

Voluntariado

  /    /  Voluntariado

ACHEGA

É o programa municipal de voluntariado do Concello de Valdoviño, aberto á participación da veciñanza.

Os seus obxectivos son:

– Proporcionar un apoio emocional a través da compaña e da conversa informal
– Reconectar ás persoas cun plano social e/ou lúdico
– Axudar na xestión administrativa, compras, actividades ou citas médicas
– Apoiar a menores na xestión das tarefas escolares

Nace dun programa formativo previo impulsado polo propio Concello de Valdoviño, así como da vontade das persoas participantes en activar este grupo de axuda, cuxa coordinación recae no equipo de traballadoras do departamento municipal de Servizos Sociais.

Acompañamento social

As persoas voluntarias visitan a persoas sen rede familiar ou comunitaria, ou mesmo en situación de dependencia, favorecendo así a conversa e o acompañamento e evitando o sentimento de soídade e illamento social, e aumentando a súa autoestima.

Apoio a menores

Contempla a xestión das tarefas escolares. As persoas voluntarias acuden aos fogares para acompañar aos menores na realización de exercicios e actividades escolares, axudándolles á súa comprensión.

Súmate!

    Nome completo DNIData de nacemento Teléfono Email