Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.

Disfruta das nosas cafeterías de referencia.

El tumbao

Unha das vistas máis extraordinarias e únicas da Frouxeira. En apenas tres anos de vida, converteuse nun dos mellores e máis exclusivos chiringuitos de praia de toda España.

Valdoviño

Café pub La Piscina

Unha terraza perfecta para almorzar, tomarse o aperitivo ou degustar unha tapa, aberta á praia da Frouxeira, no seu extremo máis leste, case tocando coa praia pequena e en pleno paseo marítimo.

Valdoviño

Chiringuito A Saíña

Cunhas extraordinarias vistas á praia da Frouxeira, en pleno percorrido polo paseo de madeira que bordea o seu contorno, a escasos centímetros poderiamos mesmo tocar a súa area.

Valdoviño

Cafetería - Confitería Campeiras

Especialistas reposteiros, esta cafetería situada no corazón da Porta do Sol destaca pola súa ampla variedade en postres.

Valdoviño

Café bar Brisas

Localizado no corazón da Porta del Sol, punto neurálxico do centro urbano de Valdoviño, poderás gozar a primeira hora dun saboroso café acompañado da mellor repostería caseira ou dun saboroso aperitivo ao mediodía.

Valdoviño

Pub O Garaxe

Un dos pubs emblemáticos de Valdoviño, cunha estética moi coidada e un ambiente inmellorable.

Valdoviño

Café bar Horizonte

Un dos establecementos clásicos do noso municipio, cun ambiente acolledor e un trato próximo e familiar. Destacan as súas extraordinarias vistas ao conxunto que forman o areal e lagoa da Frouxeira.

Valdoviño

El Pescador

Ideal para madrugadores pola súa apertura temperá, en xornadas laborais a partir das 5 da mañá, e na fin de semana, dende as 7 horas. Un lugar moi recomendable para arrancar o día con enerxía.

Valdoviño

Café bar O Coval

Unhas amplas instalacións cunha decoración coidada do máis enxebre, coa pedra á vista e lareira. Cunha ampla terraza. Situado nun ambiente tranquilo, en plena natureza.

Valdoviño

Areas do Rodo

Aos mesmos pés da praia de Pantín, na zona de Marnela, este chiringuito de praia constitúe un estupendo lugar para tomarse un café de pota ou gozar dun bocadillo ou unha tapa na súa terraza con cuberta vexetal.

Meirás

Casa Marino

Este bar de toda a vida abre nova etapa tras unha completa posta ao día das súas instalacións, agora cun toque vintage e con tributo á propia historia do local, aberto a comezos dos anos 30.

Meirás

Café bar Funjito

O bar da Cooperativa de Meirás destaca polo seu ambiente familiar. É, sen dúbida, un dos puntos de reunión da parroquia e o típico local onde non adoitan faltar as partidas.

Meirás

O bichesco

Esta pequena vinoteca, aberta en 2008, e situada de camiño ás praias de Meirás, preséntase como unha alternativa ideal para tomar unha copa entre amigos e amigas antes de comer.

Meiras

Cervecería Campo García

Situado en Taraza, nun punto de paso cara á praia do Río, esta cervexería, que conta cunha enorme terraza, é, sen dúbida, un dos locais máis frecuentados de Meirás.

Meirás

A Roda

O hotel A Roda abre a súa cafetería ao conxunto das persoas que visitan Meirás e aos usuarios e usuarias da praia do Río, xunto á que se levanta. Ten unha terraza cuberta, con vistas a un dos grandes areais de Valdoviño, mirando de fronte á península do Portiño.

Meirás

Café bar Ramos

Un lugar único para gozar con tranquilidade dun bo café ou para tomar un bo viño.

Pantín

Bar cafetería Aqualón

Un clásico ao pé da praia de Pantín, escenario do mítico Pantín Classic, inspiración da coidada decoración do local. A cada milímetro respírase surf neste espazo.

Pantín

El Paraíso

É un dos mesóns con máis sona de Valdoviño. Con máis dun século de vida ás súas costas o segreto do seu éxito pasa por manterse fiel a unha receita que lle funciona: petisco e viño.

Lago

O bar da pista

A súa localización, xunto á zona deportiva e de xogos infantís, fai que o local sexa perfecto para acudir en familia, pois os máis pequenos e pequenas poden gozar libremente da contorna.

Lago

La piruliña

Un alto na viaxe en Lago, de camiño ou de regreso á praia, para repoñer forzas. Poderás degustar un saboroso café ou tomar un bo viño, sempre acompañado dun petisco.

Lago

Cafetería A Torre do Lago

Cunha coidada e moderna estética, esta cafetería dispón de diversos espazos que conforman diferentes ambientes, tanto no interior como no seu exterior.

Lago

A cepa

Esta cervexaría ten entre os veciños e veciñas da parroquia de Sequeiro a súa principal clientela. O seu emprazamento, na principal vía de comunicación de Valdoviño, fai que sexa tamén punto de parada de visitantes e persoas traballadoras.

Sequeiro

Bar Suízo

Constitúe unha opción idónea para tomarse un café, unha cervexa ou un bo viño, aos que sempre acompaña o correspondente pincho.

Loira

Teleclub Vilaboa

Conta cunha clientela fiel, de marcado carácter interxeracional. De feito, é un lugar de reunión habitual dos máis novos e novas as fins de semana.

Vilaboa

Sala Maravilla

A histórica sala de festas de Vilaboa, pola que desde o ano 1955 pasaron artistas e orquestras de primeira fila, reabre as súas portas en formato discoteca.

Vilaboa