«Coquinas» á mariñeira, grellada de peixes, bonito en rolo, rape con chícharos e en salpicón, percebes…
Onde comer?
Unha cociña con tradición e gusto a Galicia, pero tamén innovadora, con propostas arriscadas que lle valeron o recoñecemento a diferentes fogóns locais.
Máis aló do tradicional restaurante, abundan os mesóns e cafeterías con racións perfectas para xantar ou cear e, en moitas ocasións, pasar unha noite animada con algunha boa actuación musical. Ou simplemente, gozar dunhas vistas fabulosas á costa de Valdoviño. Pizzerías, bocaterías, hamburgueserías, asadores… completan as propostas da hostalería e restauración do municipio.
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.