As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico.
A Frouxeira
É un dos grandes focos de atracción do turismo de Valdoviño. Cos seus máis de 3,5 quilómetros de area branca e mar aberto, A Frouxeira, mírese como se mire, é unha boísima elección.
Pantín - O Rodo
Destino surf por excelencia de Galicia. O éxito do Pantín Classic, emblema turístico de Valdoviño e comarca, converteu esta praia en forma de ferradura e aberta a marusías de todas as direccións.
Praias con encanto en todas as estacións.
A Frouxeira
É un dos grandes focos de atracción do turismo de Valdoviño. Cos seus máis de 3,5 quilómetros de area branca e mar aberto, A Frouxeira, mírese como se mire, é unha boísima elección.
Pantín - O Rodo
Destino surf por excelencia de Galicia. O éxito do Pantín Classic, emblema turístico de Valdoviño e comarca, converteu esta praia en forma de ferradura e aberta a marusías de todas as direccións.
O Río
É o maior dos areais de Meirás, enclave de Valdoviño que destaca pola cantidade de pequenas e atractivas calas que se suceden na súa costa.
Vilarrube
Contrapunto ao resto da costa de Valdoviño. Fronte á bravura dos seus veciños, o areal situado máis ao norte do municipio, destaca polas súas augas tranquilas e cristalinas, de cor verde e turquesa.
Campelo
Atópase ao pé de impresionantes paredes acantiladas, no litoral sur de Valdoviño. Pola súa orientación e forte ondada resulta óptima para a práctica do surf.
O Baleo
Próxima á praia onde se celebra o Pantín Classic, trátase dun areal de apenas medio quilómetro de lonxitude, con forma de cuncha e forte ondada.
Calas
Repartidas por todo o municipio, cabe destacar, polo seu fácil acceso e o seu encanto.
Unha costa chea de calas
Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos. Paraíso para veraneantes e amantes do surf. Areais que seducen todo o ano. Porque as praias de Valdoviño non son só para o verán… Nada como achegarse en pleno inverno a calquera delas para fotografar a bravura do mar, ou como gozar da sensación única de ter un areal para ti só ou soa.
Suxerímosche media ducia de espazos para gozar ao aire libre. Praias con encanto en todas as estacións, onde podes facer exercicio sen necesidade de pagar ximnasio, onde desconectar en contacto coa natureza e onde cargar as pilas…auténticos bálsamos antiestrés.