Valdoviño ofréceche diferentes festexos
Baixada de Carrilanas
A Baixada das Carrilanas de San Mamede é unha das propostas festivas imprescindibles de Valdoviño. Con máis de vinte edicións ás costas, mantén intacta a súa esencia de sempre. E é que o importante non é a competición, senón pasalo en grande. E esa vocación levouna a sumar, ano tras ano, máis e máis fieis seguidores, contándose a día de hoxe por milleiros. Detrás da organización está a Asociación Baixada de Carrilanas, cuxo bo facer conseguiu que a proba sexa puntuable para o Campionato de España.
A Baixada das Carrilanas de San Mamede celébrase no mes de agosto e é todo un espectáculo. Preto dun cento de vehículos, fabricados con todo tipo de materiais, dispútanse en Valdoviño unha competición onde os premios repártense entre os máis rápidos, os máis divertidos e aqueles e aquelas participantes que presentan as construcións máis artísticas.
Tres días para gozar de Valdoviño e as súas carrilanas, con zona de acampada incluída e, sobre todo, unha infinidade de propostas máis aló da competición. Comidas multitudinarias a prezos populares, sesións vermú, actuacións musicais, karaoke… bendición de carrilanas, adestramentos oficiais e adrenalina disparada coa competición nas categorías infantil –para menores de seis a trece anos-; «correpasillos» –dun a cinco- e oficial.
Mostra das Asociacións
Cada ano, as asociacións culturais, veciñais e deportivas, a asociación de amas de casa, a ANPA e o Concello de Valdoviño celebran a Mostra das Asociacións. Un encontro de confraternidade ao redor da mesa, con música e unha morea de actuacións de baile ao longo de toda a xornada. O escenario varía cada edición, e xa van máis de 20, rotando polas diferentes parroquias. Ademais, aínda que non ten data fixa no calendario, soe coincidir nas semanas previas ao inicio do verán. O xantar popular é de participación aberta á veciñanza, aínda que con inscrición previa, a través das diferentes asociacións organizadoras.
Xuntanza de Palilleiras
Destaca polo seu tirón entre veciñas, veciños e visitantes, a Xuntanza de palilleiras e multilabores que, organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra coa colaboración do Concello, reúne en Valdoviño a varios centos de “mestras” do encaixe de bolillos precedentes de toda España. Un escaparate único para comprobar a súa destreza e para admirar as súas creacións artesanais.
Para outros plans...
De Praia
As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.
De Ruta
Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.
Birding
O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.
Turismo Activo
Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.
Xeoturismo
As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.
De Festa
O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.
Grandes Miradores
Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.