Feirón este domingo na Porta do Sol

A cita está organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño

Valdoviño, 26 de abril de 2024. Os postos regresan este domingo á Porta do Sol de Valdoviño, que acollerá o tradicional Feirón de fin de mes. A cita está organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello, e celebrarase durante toda a mañá na explanada sita fronte á Casa Joselito.

Preto de 40 comerciantes de moi variados sectores ofrecerán os seus produtos, dende alimentación ata téxtil pasando por produtos da horta. Unha boa ocasión para realizar as nosas compras, e desfrutar da hostalería local e do municipio.