Non o penses máis. Valdoviño ten o que estás a buscar, aínda que se cadra nin o imaxines.
As mellores ondas para practicar surf durante todo o ano.
Unha costa de vertixe.
Quilómetros de praias. Mar aberto, un horizonte interminable. Carreiros naturais. Un municipio de película, escenario xa consagrado para a sétima arte. Liberdade a dous pasos do mundanal ruído.
A que esperas? Descúbreo. Gózao. Sínteo.
Se ves en coche
A principal vía de acceso a Valdoviño é a estrada AC-566, porta de entrada dende a cidade de Ferrol. Dende a urbe naval podemos tomar dirección A Coruña, Santiago e Vigo a través da AP-9 (de peaxe) e, dende esta vía, continuar rumbo a Madrid tomando a A6 e, posteriormente, a AP-6.
Se te decides polo autobús
A compañía Monbús une Valdoviño con Ferrol, en cuxa estación poderás tomar destino a outras cidades de Galicia ou España. Se desexas máis información, podes consultar rutas e horarios nos teléfonos:
Estación da Coruña: 981 239 001
Estación de Ferrol: 981 311 370
Atención ao Cliente: 902 277 482
Se elixes o tren
Se a túa elección é o tren, terás como destino ou como punto de partida a estación de Ferrol (Avenida de Compostela, s/n) e, a partir de aí, terás que realizar o traxecto en autocar ou turismo ata Valdoviño. Podes consultar todos os posibles destinos e frecuencias nos teléfonos:
Estación de Renfe de Ferrol: 902 320 320
Estación de FEVE de Ferrol: 981 370 401
Se viaxas en avión
Os aeroportos máis próximos a Valdoviño son: Alvedro, na Coruña, a 56,8 quilómetros –AP-9 dende Ferrol-, e Lavacolla, en Santiago de Compostela, a 98,9 quilómetros –AP-9 dende Ferrol-.
Teléfonos de Interese
Precisas contactar co concello, sanidade, farmacias, entidades de crédito e bancarias ou coa oficina de turismo?
Indicámosche tamén...
Onde comer?
Unha cociña con tradición e gusto a Galicia, pero tamén innovadora, con propostas arriscadas que lle valeron o recoñecemento a diferentes fogóns locais.
Máis aló do tradicional restaurante, abundan os mesóns e cafeterías con racións perfectas para xantar ou cear e, en moitas ocasións, pasar unha noite animada con algunha boa actuación musical.
Onde durmir?
Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.