O Concello saca a contratación a mellora de dous camiños en Loira e en Sequeiro
As intervencións financiaranse con cargo ao Plan Camiña Rural
Arrinca unha nova edición en Sequeiro do itinerario formativo de Agricultura Ecolóxica
Dez mulleres participantes no Programa Integrado de Emprego iniciaban esta mañá a acción no local social da parroquia
O Concello convida a veciños e visitantes a desfrutar no campo da festa de San Bartolo do espectáculo de maxia Foto Foto con Dani García
A función terá lugar este xoves 9 de xullo a partir das 20:30 horas
Preto de 250 veciños e veciñas participarán este sábado en Lago no xantar da Xuntanza de Asociacións de Valdoviño
O programa da cita, aberto á cidadanía, inclúe tamén actuacións musicais, de baile, maxia e máis teatro co grupo do centro cultural Rosalía
O Concello saca a contratación a mellora do firme en rúas e camiños de Lago, Meirás, Sequeiro e Valdoviño por 236.513,97 euros
As empresas poden presentar oferta ata o 14 de maio
O II Pasea e Tapea por Valdoviño premia á clientela da hostalería local
O Concello acollía esta mañá o sorteo das 3 cestas con produtos gastronómicos e do xantar ou cea entre os preto de 3.000 boletos e tarxetas entregadas nas urnas do certame
A canastilla crocante de roupa vella do restaurante O Castro conquista o II Pasea e Tapea por Valdoviño
O Concello procederá este martes ao sorteo dos premios entre os boletos e as tarxetas seladas nos 18 establecementos de hostalería local
O II Pasea e Tapea por Valdoviño encara o seu terceiro e último fin de semana
Dezaoito establecementos hosteleiros do municipio servirán as súas elaboracións de venres a domingo no certame organizado polo Concello
Dezaoito locais de hostalería convidan á cidadanía a Pasear e Tapear por Valdoviño
O certame que promove o Concello de Valdoviño arrinca este venres
Valdoviño pon en marcha esta semana o II Pasea e Tapea, con máis locais, parroquias e días de degustación
Un total de 18 establecementos de hostalería de 7 das 8 parroquias do municipio ofrecerán as súas tapas ao prezo único de 2,5 euros
