Image Alt

Localización

Localización

No seguinte mapa de Google indícanse os principais locais públicos municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, instalacións deportivas, etc). Premendo sobre cada un dos botóns azuis que aparecen no mapa pode configurarse a ruta para chegar ata el.



Ver o mapa a maior tamaño

Se ves en coche

A principal vía de acceso a Valdoviño é a estrada AC-566, porta de entrada dende a cidade de Ferrol. Dende a urbe naval podemos tomar dirección A Coruña, Santiago e Vigo a través da AP-9 (de peaxe) e, dende esta vía, continuar rumbo a Madrid tomando a A6 e, posteriormente, a AP-6.

Se te decides polo autobús

A compañía Monbús une Valdoviño con Ferrol, en cuxa estación poderás tomar destino a outras cidades de Galicia ou España. Se desexas máis información, podes consultar rutas e horarios nos teléfonos:

Estación da Coruña: 981 239 001
Estación de Ferrol: 981 311 370
Atención ao Cliente: 902 277 482

Se elixes o tren

Se a túa elección é o tren, terás como destino ou como punto de partida a estación de Ferrol (Avenida de Compostela, s/n) e, a partir de aí, terás que realizar o traxecto en autocar ou turismo ata Valdoviño. Podes consultar todos os posibles destinos e frecuencias nos teléfonos:

Estación de Renfe de Ferrol: 902 320 320
Estación de FEVE de Ferrol: 981 370 401

Se viaxas en avión

Os aeroportos máis próximos a Valdoviño son: Alvedro, na Coruña, a 56,8 quilómetros –AP-9 dende Ferrol-, e Lavacolla, en Santiago de Compostela, a 98,9 quilómetros –AP-9 dende Ferrol-.

Móvete por Valdoviño

Busca os mellores alugueres de vehículos e taxis de Valdoviño.

Teléfonos de Interese

Precisas contactar co concello, sanidade, farmacias, entidades de crédito e bancarias ou coa oficina de turismo?