Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas.
Disfruta das nosas casa de comidas.

Cervecería El Gitano
Un ambiente inmellorable cunhas extraordinarias vistas panorámicas da praia da Frouxeira, destaca a súa cociña, fusión de propostas tradicionais con outras máis innovadoras e sorprendentes.

Churrasquería A Chousa de Marcela
Amplísima variedade de carnes, galega e internacional, a súa proposta gastronómica con todo, non se limita a estas, e inclúe desde mariscos a peixes.

Mesón Aviño
Hoxe en día, o seu bo facer nos fogóns converteuno nun lugar clásico da zona que mantén o gusto pola tradición.

Casa Suárez
Un referente en Meirás completamente renovada. O antigo asador, aberto ao público en 1961, estreaba nas últimas tempadas novas instalacións e xerencia, aínda que mantén a súa aposta pola cociña tradicional galega.

Mesón Regueiro
Un mesón de referencia en Meirás. Parada obrigada, de camiño a Punta Frouxeira, para quen busca tomar un bo viño, acompañado dun exquisito petisco. Hai sempre variedade para elixir.

Muramar
Saborear unha tapa ou un café, gozando das mellores vistas da costa de Meirás é posible. Un plan de luxo que ofrece o café bar Muramar, grazas ao seu privilexiado emprazamento xusto sobre a praia do Río.

A Ramalleira
Produtos de primeira, experiencia e mimo na elaboración do seu receitario, asentado na máis pura tradición da nosa terra, son os seus acenos de identidade.

A taberna do Puntal
Entrar no “decorado” dunha taberna centenaria, aínda é posible en Valdoviño. Unha experiencia ao alcance de quen senta á mesa da Taberna do Puntal, un local con encanto que atesoura a fórmula do éxito.

Casa A Cotorela
Situada nunha zona de paso, próxima á área industrial de Río do Pozo, esta casa de comidas, aposta desde 2010 por unha cociña tradicional caseira.

Mesón As hedras
Localizado nun punto habitual de paso, a estrada Ferrol- Cedeira, este veterano mesón rexorde cunha oferta e unhas instalacións completamente renovadas e actualizadas.