Image Alt

Programas

  /    /  Programas

Inclusión social e xestión de axudas

Nesta sección poderás atopar unha serie de programas de axudas municipais, autonómicas e estatais dirixidos a persoas en risco de exclusión social, así como outros abertos á poboación en xeral.

Apoio familiar

Aquí atoparás diferentes liñas de axudas e programas e accións formativas dirixdas ás familias, así como os trámites para solicitar o título de familia numerosa e o certificado de familia monoparental.

Maiores, dependencia e discapacidade

Achégate a través deste apartado ás diferentes iniciativas municipais, autonómicas e estatais en materia de envellecemento activo; ás axudas e programas dirixidos a persoas dependentes e ós plans, accións e recursos dispoñibles para as persoas con discapacidade.

Igualdade, conciliación, diversidade e prevención de violencia de xénero

Neste apartado poderás achegarte ás iniciativas en materia de conciliación da vida familiar e laboral que pon á túa disposición o Concello de Valdoviño, así como ás políticas de igualdade, prevención da violencia de xénero e sensibilización respecto á diversidade sexual.

Voluntariado

Súmate ao movemento voluntario e colabora cos diferentes proxectos solidarios postos en marcha polo Concello de Valdoviño.

Saúde

Consellos de saúde, programas sanitarios, información e servizos de intereses sobre a covid, e infraestructuras saudables no noso concello son algúns dos contidos que atoparás nesta sección.