Image Alt

Quen somos

  /    /  Quen somos

Con Servizos Sociais en Rede queríamos dende un principio facilitar unha ferramenta útil para a consulta e o acceso a todos e cada un dos programas, axudas e servizos que o Concello de Valdoviño pon a disposición de veciños e veciñas para apoiar e mellorar a súa calidade de vida. Será, ou iso esperamos, un espazo en construción, como os propios Servizos Sociais, en cambio continuo para mellorar e adaptarse ás necesidades sociais.

 

Buscamos que a navegación polos Servizos Sociais, a base que sustenta o Concello, vos resulte sinxela e familiar, e atopedes aquí o que precisades. Abrimos pois unha ventá dixital aos servizos en materia de Dependencia e Envellecemento Activo; aos programas e iniciativas en materia de Discapacidade; ás iniciativas en materia de Conciliación, Igualdade e Diversidade; aos recursos no ámbito do Apoio Familiar e da Inclusión Social e Xestión de Axudas; aos programas de Voluntariado e ao eido da Saúde. Diante deles, a nosa prioridade, as persoas. Detrás, o equipo que cada día traballa para elas. Un equipo comprometido, integrado por preto de medio centenar de persoas adscritas directamente ao departamento de Servizos Sociais.

 

Confiamos en que abrades con nós esta ventá e forme parte, a partir de agora, da vosa casa.

Equipo

  • Traballadoras sociais
  • Educadora social
  • Administrativa adscrita ao Departamento de Servizos Sociais
  • Auxiliar administrativa
  • Traballadoras do Punto de Atención á Infancia-Aula da Natureza
  • Traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar