Por calidade, variedade e frecuencia de marusías, Valdoviño teno todo como destino surf.

DEPORTE DE AVENTURA

Unha auténtica forma de vida que engancha.

SURFEIROS E SURFEIRAS

Batallando por coller a mellor onda.

TERRITORIO SURFER CON MAIÚSCULAS

Valdoviño epicentro da Costa das Ondas.

Amantes do surf, benvidos e benvidas ao paraíso.

A imaxe de centos de surfeiros e surfeiras batallando por coller a mellor onda converteuse xa en habitual nas súas praias, acreditando que este deporte de aventura, que moitos definen como unha auténtica forma de vida, engancha.

Praias como Pantín, sede da única proba clasificatoria do circuíto mundial de surf que se celebra en España, Campelo, A Frouxeira ou Vilarrube, piares do produto turístico Costa das Ondas, son territorios surfer, con maiúsculas. Papel fundamental na democratización do surf en Ferrolterra corresponde ás distintas escolas xurdidas nos últimos anos. Actualmente organizan clases e campamentos de iniciación ou perfeccionamento máis de media ducia de entidades, algunhas das cales manteñen activa a oferta todo o ano. Amantes do surf, benvidos e benvidas ao paraíso.

Pantín Classic

Pantín gañou a pulso o seu segundo nome, a fábrica de ondas. E é que nunca fallan.

Océano Surf Museo

Valdoviño conta co primeiro e único museo do surf de España. Aínda non o coñeces?

Escolas de Surf

As mellores escolas e surfistas para aprender a surfear ou mellorar a túa técnica.

Pantín gañou a pulso o seu segundo nome, a fábrica de ondas.

PANTÍN CLASSIC