Un plan que sempre trunfa: visitar os grandes miradoiros de Valdoviño.

Grandes Miradoiros.

Todas as localidades teñen lugares estratéxicos desde os que poder gozar de grandes vistas, e Valdoviño obviamente non é a excepción. Aquí e aló atoparemos miradoiros naturais desde os que descubrir unha paisaxe de luxo. Se gozas das panorámicas ou che gusta desconectar mirando ao horizonte, presentámosche algúns enclaves que non debes perderte. Miradoiros desde onde resulta imposible facer unha foto mala.

CONSTITÚE O ENCLAVE DE

O maior interese ambiental e turístico.

ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE

Aves e Humidal de Importancia Internacional.

CONTA CON HÁBITATS ADECUADOS PARA O

Descanso e a Cría durante os pasos de Primavera e Outono.

Miradoiro do Paraño

O Miradoiro do Paraño é a mellor alternativa para observar en toda a súa plenitude o espazo protexido da lagoa e o areal da Frouxeira. Este punto elevado do litoral, situado na estrada costeira que conduce desde as proximidades da citada praia ata o areal de Pantín, constitúe unha magnífica opción se queremos ter unha visión xeral dos valores naturais deste humidal de importancia internacional.
Este miradoiro, ben sinalizado e equipado (conta con bancos, mesas, e mesmo unha fonte), ofrece unha das panorámicas máis impresionantes da costa. Estando nel, se a néboa o permite, alcánzase a ver a franxa litoral que vai desde Cabo Prior, en Ferrol, ata os cantís do veciño municipio de Cedeira.

Miradoiro Alto da Vela

O Alto da Vela, a 210 metros de altitude sobre a praia de Campelo, destino final dun dos itinerarios de sendeirismo que vos recomendamos. Desde o cumio, onde o vento revitaliza a calquera, teremos unha panorámica de 360 graos do municipio. Excepcional. Tamén atractivas son as tomas que poderemos captar nas inmediacións do icónico faro de Punta Frouxeira e desde os “balcóns” situados na pista que conecta a praia do Baleo coa zona de Vilarrube, tras deixar atrás as proximidades de Punta Chirlateira.

Miradoiro Monte Esperón

Terra dentro, quen goce desta forma de coñecer o territorio debe achegarse ata o monte Esperón, compartido co municipio de Narón. A 280 metros de altitude, ao pé dos xigantescos muíños de vento do parque eólico de Novo e xunto á granxa escola Aldea Nova, teremos unha atalaia desde a que albiscaremos parte importante das terras de Narón e de Valdoviño, desde o areal da Frouxeira ata nada menos que a ría de Ferrol.

Miradoiro Oural

Nas inmediacións da praia do Baleo, sitúase un dos balcóns costeiros máis recomendables de Valdoviño. O miradoiro do Oural, paso obrigado na Senda das Ondas, permite tomar un respiro con vistas ao Atlántico. En función de cal dos seus bancos elixas para descansar, terás ao alcance da túa mirada ben o areal e a franxa litoral que vai de Pantín ata Punta Frouxeira, ben a Punta Chirlateira e a costa cedeiresa. Sexa cal sexa a elección, é un sitio perfecto para sentir a inmensidade do mar e observar a orografía da Costa Ártabra.

Estes son só algúns dos miradoiros posibles.

Se tes coche, non te conformes con un. Valen a pena.

Algo máis que atalaias naturais.

Miradoiros como o próximo a Punta Chirlateira ou, especialmente, o do Paraño están equipados para acoller, sempre que o vento o permita, merendas ao aire libre con incribles vistas.

Estrada da costa.

A Senda das Ondas, que discorre pola pista litoral que discorre pegada á liña de costa entre A Frouxeira e Vilarrube, ofrece toda unha sucesión de miradoiros como os do Oural e San Xiao e atalaias naturais. A pé, en bicicleta ou en coche, quen os percorra sentirán a bravura do océano e poderán captar excelentes postais.

En vivo

Praias en directo: Goza da nosa costa en vivo

Para outros plans...

De Praia

As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.

De Ruta

Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.

Birding

O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.

Turismo Activo

Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.

Xeoturismo

As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.

De Festa

O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.

Grandes Miradores

Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.