Punto de Información Catastral
O Punto de Información Catastral (PIC) é unha oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro no Concello de Valdoviño e pon a disposición dos usuarios os seguintes servizos:
Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
Servizo de consulta e descarga de notificacións electrónicas nos procedementos catastrais.
O PIC está ubicado no segundo andar da Casa do Concello (Oficina técnica) e atenderá ao público os martes e mércores, de 10 a 13 horas.
Acceso aos servizos
Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre Puntos de Información Catastral tan só permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada por el.
Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si mesmo ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da Xerencia/Subxerencia do Catastro, á que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.
Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitude de quen se ampare nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario (arquivo pdf).
Formularios de solicitude de información
Formulario de solicitude de datos polo titular catastral (formato pdf editable).
Formulario de solicitude de datos por un representante do titular catastral (formato pdf editable).
Modelo de autorización do titular catastral.
Os formularios están dispoñibles en formato pdf. Para poder visualizalos é preciso ter instalada a versión de Adobe Reader 5.0 (ou posterior), que pode descargarse dende a web de Adobe Reader .