O Concello de Valdoviño ofrece un servizo de asesoramento xurídico no marco dos Servizos Sociais Comunitarios, co que presta asesoramento a persoas en situación de vulnerabilidade e apoio profesional no departamento para os seus proxectos de intervención.
Este servizo atende a persoas derivadas polo equipo técnico de Servizos Sociais, co obxectivo de dar orientación e apoiar na solución de situacións a nivel persoal, familiar, social ou laboral, informando sobre os recursos dispoñibles na comarca e derivando a outros organismos cando é preciso.
Igualmente préstase asesoramento xurídico en relación á consecución da igualdade efectiva entre mulles e homes e especialmente vinculada á loita para a eliminación da violencia de xénero.