O primeiro museo de surf en España.
Océano Surf Museo.
PERO O SURF É ALGO MÁIS…
Así comeza a visita ao OSM… porque o surf é algo máis que deslizarse sobre as ondas: é conectar coa natureza en estado puro, a harmonía entre o ser humano e o océano, a calma, o sosego, a desconexión, a enerxía.
Inaugurado en decembro de 2017, o Océano Museo Surf é o primeiro museo adicado ao surf en España. Está situado no primeiro andar da Casa da Cultura de Valdoviño (A Coruña), obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura en 1997 e en 2018.
Ocupa o primeiro andar, concibido como unha gran galería acristalada aberta á praia da Frouxeira, un espazo amable de achegamento á historia e á cultura do surf, cun percorrido dende as súas orixes ata os nosos días. Textos, planos, ilustracións, pezas orixinais, fotografías e audiovisuais organizados en diferentes bloques temáticos.
Que se pode atopar o visitante?
Tomando como fío condutor a historia do surf en Galicia, o Museo traza un percorrido por este deporte dende as súas orixes ata os nosos días, apoiándose para isto en textos, planos, ilustracións, pezas orixinais, fotografías e audiovisuais organizados en diferentes bloques temáticos. Mención aparte merece o Pantín Classic, ao que o Museo dedica unha sala en exclusiva.
Un completo percorrido polo Surf.
Luns e martes: pechado
Mércores, xoves e venres:
11:00 – 13:00
Sábado e domingo:
12:00 – 14:00 / 17:00 – 19:00
Festivos:
11:00 – 14:00 (consultar aperturas)
24, 25 e 31 de decembro.
1 e 6 de xaneiro.