O Río, o maior dos areais de Meirás.

Areal do Río.

É o maior dos areais de Meirás, enclave de Valdoviño que destaca pola cantidade de pequenas e atractivas calas que se suceden na súa costa. A desembocadura do río San Vicente determina a forma desta praia ventosa e de forte ondada, cuxa area branca e fina esténdese en paralelo ao curso fluvial ata chegar a unha zona de xunqueira.

DOTADA DE

Todos os servizos precisos.

DISFRUTA DA

Gran cantidade de pequenas e atractivas calas.

A TRANQUILIDADE DO RÍO

Favorece un entorno familiar.

A desembocadura do río San Vicente determina a forma desta praia ventosa.

Garda especial atractivo en marea baixa, momento en que se pode acceder camiñando ata as calas contiguas (O Rego e O Cortello) que, pola súa configuración, esconden auténticas piscinas naturais.

Os servizos no Río.

Aparcadoiro
Acceso Adaptado
Socorrismo
Control Calidade Auga
Aseos
Duchas
Fonte
Recollida Selectiva
Pícnic
Hotel
Cafeterías
Restaurantes
Cámping

Sen dúbida, merece a pena.

A tranquilidade do río, que lle permite sumar puntos como espazo familiar, contrasta coas fortes ondas que rompen contra os cantís próximos. Unha estampa que, sen dúbida, merece a pena. 

Visita tamén os areais de...

Calas

Repartidas por todo o municipio, cabe destacar, polo seu fácil acceso e o seu encanto

Campelo

Atópase ao pé de impresionantes paredes acantiladas, no litoral sur de Valdoviño. Pola súa orientación e forte ondada resulta óptima para a práctica do surf

Vilarrube

Contrapunto ao resto da costa de Valdoviño. Fronte á bravura dos seus veciños, o areal situado máis ao norte do municipio, destaca polas súas augas tranquilas e cristalinas, de cor verde e turquesa.