O Baleo, boa elección para quen busca descanso.
Areal do Baleo.
Próxima á praia onde se celebra o Pantín Classic, trátase dunha praia menos masificada que as súas veciñas, O Rodo e Vilarrube. Emerxe como unha boa elección para quen busca descanso. Con todo, a proximidade do monte asómbraa en canto empeza a baixar o sol. Destaca por contar cun alto nivel de servizos e unha área recreativa que lle engade posibilidades.
Os servizos no Baleo.
Ideal para surfistas.
A praia ten unha forma de cuncha e forte ondada. Por iso, non pasa inadvertida para as persoas amantes do surf que se achegan a Valdoviño. Presenta boas ondas con swell pequeno e marea baixa, con picos variables, contundentes e maniobrables.
Os seus servizos.
Destaca por contar cun alto nivel de servizos e unha área recreativa que lle engade posibilidades.
Visita tamén os areais de...

A Frouxeira
É un dos grandes focos de atracción do turismo de Valdoviño. Cos seus máis de 3,5 quilómetros de area branca e mar aberto, A Frouxeira, mírese como se mire, é unha boísima elección.

Pantín - O Rodo
Destino surf por excelencia de Galicia. O éxito do Pantín Classic, emblema turístico de Valdoviño e comarca, converteu esta praia en forma de ferradura e aberta a marusías de todas as direccións.

O Río
É o maior dos areais de Meirás, enclave de Valdoviño que destaca pola cantidade de pequenas e atractivas calas que se suceden na súa costa.