A Frouxeira resulta inmellorable para camiñar e para entregarse ao running.
Streaming en directo
Areal da Frouxeira.
É un dos grandes focos de atracción do turismo de Valdoviño. Cos seus máis de 3,5 quilómetros de area branca e mar aberto, A Frouxeira, mírese como se mire, é unha boísima elección. A praia resulta inmellorable para camiñar e para entregarse ao running; incrible para o surf, por ser ventosa e con forte ondada; perfecta para quen goza do baño no mar bravío. E como guinda, as súas augas ricas en iodo, ademais de innegables propiedades curadoras, garanten ás persoas usuarias un rápido bronceado.
A lagoa agóchase tras o extraordinario cordón de dunas.
Tan impresionante como o areal da Frouxeira é a lagoa de Valdoviño que se esconde tras o extraordinario cordón de dunas existente. A praia e máis o lago, que ofrece no verán unha alternativa tranquila para o baño dos máis pequenos, conforman un conxunto ambiental de importancia internacional, amparado por innumerables figuras de protección (Rede Natura, Zona ZEPA, Convenio Ramsar).
Os servizos na Frouxeira.
A praia máis urbana.
A súa parte máis urbana de todo tipo de servizos para bañistas e visitantes, ademais dunha potente oferta hostaleira ao longo do paseo marítimo que vai desde o extremo leste do areal (a praia pequena, separada do resto por uns cantís) ata a lagoa, e unha equipada área de recreo e de xogo para a infancia e para as persoas adultas. A Percebelleira, unha grande rocha accesible en marea baixa, engade singularidade a esta zona da praia con alta ocupación estival.
A Frouxeira, unha praia poderosa.
Menos concorridas, aínda que igualmente poderosas, preséntanse tanto a zona central do areal (denominada praia de Lago- Outeiro) como a área oeste (en Meirás, A Cristina), a máis próxima ao icónico Faro de Punta Frouxeira, ambas as dúas con excelentes accesos.
En Clave de Surf.
Presenta múltiples picos, tanto de dereita como de esquerda, en toda a praia, máis protexida das ondas no seu extremo leste que no oeste. Tamaño crecente de ondas de oeste a leste, e swell de todos os tamaños, resultando perfecta en marea media-alta.
A Frouxeira, praia accesible.
Visita tamén os areais de...
Pantín - O Rodo
Destino surf por excelencia de Galicia. O éxito do Pantín Classic, emblema turístico de Valdoviño e comarca, converteu esta praia en forma de ferradura e aberta a marusías de todas as direccións.
O Río
É o maior dos areais de Meirás, enclave de Valdoviño que destaca pola cantidade de pequenas e atractivas calas que se suceden na súa costa.
Vilarrube
Contrapunto ao resto da costa de Valdoviño. Fronte á bravura dos seus veciños, o areal situado máis ao norte do municipio, destaca polas súas augas tranquilas e cristalinas, de cor verde e turquesa.