Vilarrube, unha praia para toda a familia.
Areal de Vilarrube.
Contrapunto ao resto da costa de Valdoviño. Fronte á bravura dos seus veciños, o areal situado máis ao norte do municipio, destaca polas súas augas tranquilas e cristalinas, de cor verde e turquesa. Atópase na zona setentrional da ría de Cedeira, rodeado de monte. E presenta unha singular forma de dobre frecha, encaixada entre as desembocaduras dos ríos Ferrerías e As Mestas, áreas de forte corrente descartadas para o baño.
Resulta moi valorada por surfistas.
Que buscan a dereita rápida que provoca a desembocadura do río na parte norte do areal. Ademais pódense practicar unha ampla gama de deportes náuticos.
Servizos en Vilarrube
Medrando cada ano.
A segunda praia en extensión de Valdoviño (1,6 Km) conta desde hai anos cos servizos básicos para a seguridade e comodidade das persoas usuarias, e compatibiliza o seu aproveitamento turístico coa explotación marisqueira. O seu nivel de ocupación aumenta ano a ano.
Entorno Idílico.
O areal destaca polas súas augas tranquilas e cristalinas, de cor verde e turquesa. Atópase na zona setentrional da ría de Cedeira, rodeado de monte.
Visita tamén os areais de...
Pantín - O Rodo
Destino surf por excelencia de Galicia. O éxito do Pantín Classic, emblema turístico de Valdoviño e comarca, converteu esta praia en forma de ferradura e aberta a marusías de todas as direccións. En destino principal dos amantes de surf
O Baleo
Próxima á praia onde se celebra o Pantín Classic, trátase dun areal de apenas medio quilómetro de lonxitude, con forma de cuncha e forte ondada.
A Frouxeira
É un dos grandes focos de atracción do turismo de Valdoviño. Cos seus máis de 3,5 quilómetros de area branca e mar aberto, A Frouxeira, mírese como se mire, é unha boísima elección.