Pantín - paraíso do surf.

Streaming en directo

Areal do Rodo
- Pantín.

Destino surf por excelencia de Galicia. O éxito do Pantín Classic, emblema turístico de Valdoviño e comarca, converteu esta praia en forma de ferradura e aberta a marusías de todas as direccións, en punto de peregrinación para todo/a surfer que se prece de selo. Verán ou inverno, dá igual; nunca faltan persoas afeccionadas e deportistas buscando coller a mellor onda.

A Frouxeira: Disfruta da nosa costa en vivo

En vivo
PUNTO DE PEREGRINACIÓN

Para todo amante do surf.

DISPÓN DUN

Público máis novo e excelentes servizos.

DENDE A PRAIA DE PANTÍN

Disfruta de Porto Carrizo

Preto dun quilómetro de praia e cun notable cordón de dunas.

De area branca e fina, con preto dun quilómetro de lonxitude e cun notable cordón de dunas, a praia, que acolle a mítica competición de surf, ten un público máis novo que o resto de areais da zona e excelentes servizos. O conxunto natural, que se pode gozar grazas a unha rede de pasarelas, complétase cun extenso carrizal, baixo o que di a lenda que se atopa un pobo mergullado: Lucerna.

Servizos en Pantín - O Rodo.

Aparcadoiro
Acceso Adaptado
Socorrismo
Control Calidade Auga
Aseos
Duchas
Fonte
Recollida Selectiva
Deportes Acuáticos
Área Recreativa
Bus
Chiringuitos
Restaurantes

Pantín - O Rodo, sinónimo de surf.

Verán ou inverno, dá igual; nunca faltan persoas afeccionadas e deportistas buscando coller a mellor onda.
A praia, que acolle a mítica competición de surf Pantín Classic, é tamén un sitio de peregrinación para todo afeccionado ao surf.
Presenta múltiples picos tanto de dereita como de esquerda, con swell de todos os tamaños, e ondas longas en marea alta e máis curtas en baixa.

Porto Carrizo.

Xusto á beira do Rodo, separada apenas por un entrante rochoso, hai unha pequena cala, máis protexida que a súa veciña e con tanto ou máis encanto, Porto Carrizo. 

Visita tamén os areais de...

A Frouxeira

É un dos grandes focos de atracción do turismo de Valdoviño. Cos seus máis de 3,5 quilómetros de area branca e mar aberto, A Frouxeira, mírese como se mire, é unha boísima elección.

Vilarrube

Contrapunto ao resto da costa de Valdoviño. Fronte á bravura dos seus veciños, o areal situado máis ao norte do municipio, destaca polas súas augas tranquilas e cristalinas, de cor verde e turquesa.

O Baleo

Próxima á praia onde se celebra o Pantín Classic, trátase dun areal de apenas medio quilómetro de lonxitude, con forma de cuncha e forte ondada.