Calas, repartidas polo municipio.

Calas.

Repartidas por todo o municipio, cabe destacar, polo seu fácil acceso e o seu encanto, a cala dos Curas - tranquila, aínda que algo sombría- á que chegaremos ben en coche, ben tras unha pequena camiñada desde a contorna da sempre buliciosa praia pequena da Frouxeira e, como non, as da costa de Meirás.

DISFRUTA DO

Encanto e a tranquilidade da cala dos Curas.

A CALA DO PORTIÑO

Imprescindible para turistas.

CALAS CUNHA

Beleza incontestable.

Calas de Mourillá e Cano Grande.

Centro neurálxico de xente do mar da zona. Comparten aparcadoiro, son ben coñecidas pola veciñanza e máis polo conxunto dos visitantes.

A máis famosa: a do Portiño.

Situada baixo a luz do faro de Punta Frouxeira. Imprescindible para turistas que cheguen a Valdoviño. Desde esta praia, de pedra e grava accédese con marea baixa ao illote no que se levanta a pequena e branca capela do Porto. Un enclave moi azoutado polo mar e cunha maxia indubidable.

Visita tamén os areais de...

A Frouxeira

É un dos grandes focos de atracción do turismo de Valdoviño. Cos seus máis de 3,5 quilómetros de area branca e mar aberto, A Frouxeira, mírese como se mire, é unha boísima elección.

Pantín - O Rodo

Destino surf por excelencia de Galicia. O éxito do Pantín Classic, emblema turístico de Valdoviño e comarca, converteu esta praia en forma de ferradura e aberta a marusías de todas as direccións.

O Río

É o maior dos areais de Meirás, enclave de Valdoviño que destaca pola cantidade de pequenas e atractivas calas que se suceden na súa costa.