Campelo, punto de partida ou fin da senda litoral Costa Ártabra.
Areal de Campelo.
Atópase ao pé de impresionantes paredes acantiladas, no litoral sur de Valdoviño. Pola súa orientación e forte ondada resulta óptima para a práctica do surf, motivo que a levou a consolidarse como alternativa ao mítico areal do Rodo, sede anual do Pantín Classic, moito máis concorrido na época estival. A combinación de bolos (enormes cantos rodados) e area fina faina única, e confírelle especial beleza.
Servizos no areal de Campelo.
Xunto á praia.
A carón da praia álzase o Alto da Vela, que ofrece panorámicas de auténtico luxo desde Cabo Prior á praia da Frouxeira.
Para surfistas.
Presenta múltiples picos, tanto de dereita como de esquerda, con swell de todos os tamaños.
Visita tamén os areais de...
Vilarrube
Contrapunto ao resto da costa de Valdoviño. Fronte á bravura dos seus veciños, o areal situado máis ao norte do municipio, destaca polas súas augas tranquilas e cristalinas, de cor verde e turquesa.
O Baleo
Próxima á praia onde se celebra o Pantín Classic, trátase dun areal de apenas medio quilómetro de lonxitude, con forma de cuncha e forte ondada.
Calas
Repartidas por todo o municipio, cabe destacar, polo seu fácil acceso e o seu encanto