Image Alt

Tarxeta Básica

En que consiste?

É o programa extraordinario de axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas, dirixida á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola covid-19. Trátase dunha tarxeta moedeiro recargable con entre 150 e 300 euros, dependendo do número de membros da unidade familiar para cubrir gastos básicos: alimentación, hixiene e farmacia.

A quen vai dirixido?

Familias que se atopan en situación de vulnerabilidade, por carecer de ingresos ou porque non alcanzan o importe que lles correspondería en concepto do tramo persoal e familiar da RISGA. Así pois, o límite de ingresos para obter esta tarxeta é o equivalente aos tramos que marca a Renda de Inserción Social de Galicia, que oscila entre os 405 e os 796 euros en función do número de membros da unidade familiar.

Organismo responsable

Dirección Xeral de Inclusión Social.

Onde e cando

A súa tramitación é inmediata, a través dos Servizos Sociais ou da Cruz Vermella. Está dispoñible nun prazo máximo de 72 horas desde o momento da súa solicitude.