Manuel Armada expón en Valdoviño as súas esculturas de ferro reciclado
Mecánico xubilado, inaugurará este venres na casa da cultura unha mostra sorprendente na que vellas ferramentas e pezas de ferro cobran nova vida
Valdoviño, 8 de maio de 2024. A Casa da Cultura estrea este venres exposición. O artista Manuel Armada, mecánico xubilado veciño de Cedeira, amosará ao público as súas esculturas de ferro reciclado. Unha interesante mostra que chegará ao noso municipio tras a boa acollida rexistrada no Museo Mares de Cedeira, onde se estreaba hai uns meses. En Valdoviño inaugura este venres ás 19:30 horas, e a partir de entón, poderá visitarse ata o 31 de maio de luns a venres de 11 a 13:30 h, e luns, mércores e venres tamén de tarde, de 17 a 19 horas.
Unha mostra sorprendente no que vellas ferramentas e pezas de ferro usado adquiren nova vida grazas ao enxeño e habilidade do artista, que comezou a deseñar e dar forma ás súas pezas en 2022.
Comentarios