Valdoviño celebrará este sábado en Vilarrube a súa A XXI Mostra das Asociacións

Máis de 220 veciños e veciñas tomarán parte no xantar popular

Valdoviño, 15 de maio de 2024. Valdoviño celebrará este sábado a XXI edición da súa Mostra das Asociacións. Este ano, a entidade veciñal de Vilarrube, como sede anfitrioa, capitanea a organización da cita, xunto ás restantes asociacións veciñais, culturais e deportivas, ademais da implicación das tres cooperativas e o propio Concello. A cita arrancará cunha sesión vermú sobre as 12:30 h, animada pola actuación musical de Martín Carrión, ex intérprete de orquestras como a Trébol e Los Satélites. Sobre as 14:30 h, haberá inauguración oficial coa participación do alcalde, Alberto González, e representantes do movemento asociativo, e de seguido, arrancará o xantar popular, coa asistencia confirmada de máis de 220 veciños e veciñas. Como é habitual, a Mostra desenvolverase baixo carpa, na contorna do adro da igrexa parroquial.

Xa de tarde, sobre as cinco, a festa veciñal continuará coas actuacións dos grupos de música e baile das diferentes agrupacións da localidade, así como co sorteo de agasallos aportados polas propias asociacións.