Image Alt

Punto de Atención á Infancia

  /    /  Punto de Atención á Infancia

En que consiste?

Trátase dun servizo de conciliación da vida laboral e o coidado dos fillos e fillas para as familias do Concello de Valdoviño. Sito no paseo da praia da Frouxeira, ofrece 20 prazas para nenos e nenas de 3 meses a 3 anos distribuídas segundo a franxa de idade. Consta con espazos para o xogo, o descanso, amplas zonas exteriores con xardín e parque infantil, e nel desenvólvese un proxecto educativo estreitamente vencellado á natureza e ao respecto polo medio. Abre de luns a venres de 8 a 16 horas dende os meses de setembro a xullo e ofrece xornada completa, media xornada e horas para sumar a esta.

A quen vai dirixido?

Familias con nenos e nenas de 3 meses a 3 anos.

Organismo responsable

Concello de Valdoviño.

Onde e cando

A preinscrición para reserva de praza de novo ingreso ábrese anualmente entre o 15 e o 30 de marzo, e mantense aberta ao longo do ano, concedéndose as prazas fóra do periodo sinalado segundo a dispoñibilidade. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral Municipal.

Descarga de impresos

Admisión curso 2024-2025