Elefante Elegante estreará este sábado en Valdoviño a súa última produción para o público infantil e familiar: “Kyoki”
A función terá lugar no auditorio ás 18:00 h con entrada de balde
24 parellas tomarán parte este sábado na xincana Valdoviño Comercio Explorer
As que contesten correctamente ás preguntas formuladas polos comerciantes e completen o percorrido no menor tempo optarán a 3 cheques de 200 euros canxeables nos negocios adheridos á campaña
O Concello de Valdoviño convoca o III Concurso de Decoración de Nadal
Este ano, a Concellería de Cultura abrirá unha votación popular en redes, que se sumará á valoración do xurado
O Concello adxudica as obras de aglomerado da Avenida de Ferrol e mellora de drenaxe na estrada da Costeira por 113.622,05 euros
Tralo concurso aberto, a empresa José No Mantiñán resultou adxudicataria da intervención, que se financiará con plans provinciais
Beach Club Surf&Coffee convoca o concurso de debuxo e redacción para escolares Surfeando no Nadal. Un desexo polas ondas
A iniciativa inclúese no programa de promoción do deporte no municipio vencellado á concesión de autorización do uso das praias ás escolas
Aviso xincana Valdoviño Comercio Explorer
Apertura dun novo prazo de inscrición, este xoves 30 de novembro e venres 1 de decembro
O Concello abre o venres inscricións nunha nova edición de Concilia Deportes Nadal
Durante as próximas vacacións, celebrarase no pavillón municipal do Longoiro, para familias con nenos e nenas de entre 4 e 12 anos
Teatro del Andamio inaugura a programación cultural de decembro coa obra “Insubmisión”
A función terá lugar este venres ás 20:30 h no auditorio da casa da cultura
A unidade móbil de doazón de sangue trasládase este martes a Meirás
Permanecerá diante da cooperativa entre as 16:00 e as 21:00 horas
A Biblioteca de Valdoviño acolle este luns un taller de creación de micro vídeos en formato stop motion sobre a violencia machista
Está dirixido a mulleres de calquera idade, con inscrición nos Servizos Sociais