Aviso xincana Valdoviño Comercio Explorer
Apertura dun novo prazo de inscrición, este xoves 30 de novembro e venres 1 de decembro
Valdoviño, 29 de novembro de 2023. O Concello de Valdoviño abrirá un prazo extraordinario de 2 días para sumarse á xincana «Valdoviño Comercio Explorer» que se celebrará o sábado 9 de decembro. Un prazo extra para anotarse, este xoves 30 de novembro e este venres 1 de decembro, acordado tras recibir varias peticións de última hora por parte de veciños e veciñas interesadas en tomar parte na iniciativa de promoción do comercio e actividade profesional da Porta do Sol e área de influencia. A través desta xincana por parellas, convídase a visitar o comercio local, respondendo nos establecementos ás preguntas que formulen os seus responsables. As 3 parellas que realicen o percorrido por 9 locais, resposten correctamente ás cuestións e tamén a un enigma final, e o fagan no menor tempo posible, gañarán un cheque agasallo de 200 euros a canxear nos establecementos adheridos.
Inscricións no correo comunicacionconcellovaldovino@gmail.com (sinalando nome e apelidos das 2 persoas participantes; datas de nacemento, e teléfono de contacto) ou na primeira planta da casa consistorial.