O programa Somos e Contamos trae o domingo a Meirás o espectáculo A muller orquestra dos Bolechas e Vicio houbo sempre de Atenea García
O Concello descentraliza a programación coa que conmemora o 25N con dúas propostas no local da asociación veciñal
Valdoviño amosa nunha concentración cidadá a súa condea a cada acto machista, a cada agresor e a quen nega, minimiza ou xustifica
Desenvolveuse ás portas da casa consistorial, no marco do programa Somos e Contamos deseñado polo Concello con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Valdoviño acolle a mostra “Anhelos: deconstrución da masculinidade tradicional” froito dunha nova colaboración co Concello de Sober
Pode visitarse de luns a venres de 10 a 13 h e de 17 a 19 h na casa da cultura
O Concello presenta a programación “Somos e Contamos” polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
O acto central celebrarase o 25N cunha concentración cidadá ás portas da consistorial e a proxección da cinta documental “Prefiro condenarme”
A exposición “Inmarcesibles” chega a Valdoviño reivindicando a beleza dos corpos femininos máis aló dos canons de beleza establecidos
O Concello de Sober, que impulsou o proxecto coa colaboración da fotógrafa María Fernández, cedeu temporalmente a mostra, que poderá visitarse en Valdoviño ata o 30 de novembro na casa da cultura
Cine, documentais, teatro, fotografía e a andada cidadá conforman o programa “Somos e Contamos” para conmemorar o 25N en Valdoviño
As actividades deseñadas polas concellerías de Servizos Sociais e Cultura arrincan hoxe co pase de “Matria” para o alumnado do CPI Atios
Teatro del Andamio inaugura a programación cultural de decembro coa obra “Insubmisión”
A función terá lugar este venres ás 20:30 h no auditorio da casa da cultura
A Biblioteca de Valdoviño acolle este luns un taller de creación de micro vídeos en formato stop motion sobre a violencia machista
Está dirixido a mulleres de calquera idade, con inscrición nos Servizos Sociais
Inscrición aberta no obradoiro “Encantada de coñecerme” que guiará en Valdoviño a Federación de Planificación Familiar
Celebrarase en 2 sesións o 5 e 13 de decembro, de 10:00 a 13:00 horas
O Concello promove unha acción formativa en materia de igualdade dirixida ao monitorado que traballa coa infancia
Celebrarase o venres 2 de decembro, con participación gratuíta e inscrición previa no departamento municipal de Servizos Sociais
