Beach Club Surf&Coffee convoca o concurso de debuxo e redacción para escolares Surfeando no Nadal. Un desexo polas ondas

A iniciativa inclúese no programa de promoción do deporte no municipio vencellado á concesión de autorización do uso das praias ás escolas

 Valdoviño, 30 de novembro de 2023. Beach Club Surf & Coffee convoca o concurso de debuxo e redacción «Surfeando no Nadal. Un desexo polas ondas». Unha iniciativa incluída no programa de promoción do deporte en Valdoviño ligado á concesión da autorización de uso das praias ás escolas de surf. Está dirixido ao alumnado de Primaria do CPI Atios e escolas unitarias de Lago, Taraza e Vilarrube, que deberán presentar os seus traballos en papel, nun formato A4, podendo utilizar lápices de cor, acuarelas, marcadores… a historia deberá contar cunha estensión máxima de 200 palabras, e cada neno/a poderá presentar só unha obra, orixinal e inédita. O prazo está aberto ata o 8 de xaneiro, incluído, e a entrega deberá realizarse en sobre pechado no rexistro municipal. Haberá premios para os 3 primeiros clasificados: 1 bono dunha semana de clases de surf gratuítas o próximo verán (1º), unha sudadeira oficial da escola (2º) e 1 camiseta oficial da escola (3º).

Segundo explican dende a escola, «o concurso busca que os/as participantes expresen, a través dun debuxo ou unha historia, a súa conexión co mundo do surf e o Nadal, centrándose en transmitir unha mensaxe positiva sobre desexos humanitarios universais como a paz, o fin da pobreza, a solidariedade…».

O xurado estará integrado por membros de Beach Club Surf & Coffee e do Concello de Valdoviño, e o seu fallo darase a coñecer o 16 de xaneiro. Valorarán aspectos como a creatividade orixinalidade, expresión e claridade da mensaxe positiva e relación coa temática proposta.

As bases poden consultarse no portal web da escola e na do Concello.

BASES