A Asociación Española contra o Cancro e o Concello renovan o convenio para a promoción de Espazos Sen Fume en Valdoviño
Incorporan o parque de Lago ao mapa de puntos libres da exposición ao tabaco, e reafirman o compromiso de continuar coas campañas e programas de concienciación sobre os efectos do tabaquismo
Valdoviño programa no Día da Muller a representación teatral de “As Alumnas”, baseada no texto de Paula Carballeira
Dirixida a un público adulto, a función dará comezo no auditorio ás 20:30 h, con entrada de balde e libre ata completar aforo
Tempus impulsa un curso gratuíto de monitora de tempo libre para mulleres desempregadas
A fase teórica-práctica presencial desenvolverase en Pantín, con servizo de conciliación tamén gratuíto, e as veciñas de Valdoviño terán prioridade para acceder ás prazas, limitadas, e con inscrición xa aberta
O Concello de Valdoviño abre inscricións en Concilia Deportes en Semana Santa
O programa celebrarase no pavillón municipal do 25 ao 27 de marzo
Teatro, cine documental, exposición, música e obradoiros, na programación “Somos e Contamos” para conmemorar o Día da Muller
As concellerías de Cultura e Servizos Sociais avanzan un calendario de accións que arranca xa mércores cos talleres Encantada de coñecerme
O Concello abre inscricións nos novos talleres de saúde sexual “Encantada de coñecerme”
Con participación gratuíta, celebraranse os mércores 6 e 13 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas, na casa consistorial
O Concello abre prazo de presentación de candidaturas para a V Gala do Deporte
A festa do deporte local xa ten data: o venres 19 de abril
O Concello de Valdoviño pechará esta mañá a estrada de acceso ao Faro de Meirás ante a activación da alerta vermella no mar
Estará vixente entre as 12:00 horas de hoxe e as 9:00 horas de mañá sábado, cando se prevé mellore a situación na costa
Feirón este domingo na Porta do Sol
A cita está organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño
O Concello de Valdoviño retoma os encontros veciñais nas parroquias e avanza calendario
Escoitar propostas, queixas e suxestións son os obxectivos das reunións, que arrancarán a vindeira semana no local social de Aviño