O Concello de Valdoviño abre inscricións en Concilia Deportes en Semana Santa

O programa celebrarase no pavillón municipal do 25 ao 27 de marzo

Valdoviño, 4 de marzo de 2024. Os campamentos «Concilia Deportes» regresarán en Semana Santa ao pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, e o Concello de Valdoviño anunciaba esta mañá a apertura do prazo de inscricións. Celebraranse do luns 25 ao mércores 27 de marzo, en horario de 8:00 a 14:00 horas, e están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. O obxectivo do programa, que a Concellería de Deportes leva a cabo tamén no Nadal, coincidindo co periodo de vacacións escolares, é ofrecer ás familias con fillos/as menores unha alternativa de lecer para axudarlles a conciliar as súas obrigas laborais e familiares.

A programación variará segundo a xornada, aínda que arrancará sempre co espazo madruga e diversas actividades de lecer nesas primeiras horas de entrada. De seguido, celebraranse obradoiros con xogos tradicionais, experimentos e construción de xoguetes. A programación inclúe tamén actividades de iniciación ao baloncesto, a fútbol sala e a atletismo, e finalmente, na última hora, haberá sesión de baile -o luns-, de datchball -xogos con stick o martes- e xogos con raqueta -o mércores-.

A ficha de inscrición pode descargarse da web municipal ou retirarse no rexistro xeral da casa do concello, onde debe formalizarse a inscrición -ou a través da sede electrónica-. O prazo remata o 20 de marzo, e o custe da actividade é de 22,12 euros.

Enlace a descarga de ficheiros e inscrición online: https://sede.concellodevaldovino.com/sxc/es/procedimientosytramites/tramites/SolicitudProgValdovinoSaudableyExtraescolare