En qué consiste?

O Concello de Valdoviño pon en marcha dende hai varios anos diferentes actividades extraescolares tras asumir a organización a instancias da ANPA Beiramar do CPI Atios. Celébranse durante o curso escolar, en horario de tarde, e varían cada ano segundo a demanda. Habitualmente, a programación contempla ximnasia rítmica, psicomotricidade, multideporte, karate, piscina, patinaxe e patinaxe artística.

A quen vai dirixido?

As actividades están dirixidas a nenas e nenos de 4 anos en adiante (en caso de que a demanda exceda a oferta, terán prioridade, por este orde, o alumnado dos centros educativos de Valdoviño e residentes no municipio; o alumnado residente en Valdoviño; o alumnado dos centros educativos do municipio e residentes fóra da localidade, e o alumnado residente fóra de Valdoviño).

Organismo responsable

Promove o Concello de Valdoviño en colaboración coa ANPA Beiramar.

Onde e cando

Promove o Concello de Valdoviño en colaboración coa ANPA Beiramar.