O Concello activa unha campaña de control de velocidade no municipio
O equipo de radar cedido pola Dirección Xeral de Tráfico realizará controis a partir de hoxe martes e por espazo de 15 días
Valdoviño, 23 de abril de 2024. O Concello de Valdoviño informou esta mañá da posta en marcha dunha campaña especial de control de velocidade en diversos puntos da zonas urbanas do termo municipal co ánimo de tentar previr a siniestralidade naqueles máis conflitivos, especialmente pola inobservancia dos límites fixados. Unha iniciativa que se ten realizado noutros momentos, e que se retoma tras as peticións formuladas nalgúns dos encontros veciñais.
A Dirección Xeral de Tráfico vén de trasladar a Valdoviño un equipo de radar, e os controis por parte da Policía Local serán aleatorios e continuos, a partir de hoxe, martes, e por espazo de 15 días (ata o 6 de maio).
Comentarios