Cine de verán este xoves na contorna do pavillón do Longoiro coa proxección do filme de animación “A Galiña Turuleca”
O pase, organizado polo Concello, dará comezo ás 22:30 horas
Os cursos e actividades organizados polo Concello na piscina municipal arrancan con máis de 160 persoas inscritas
Celebraranse ao longo dos meses de xullo e agosto, e a oferta de OcioSol inclúe natación, aquagym e nado libre
Arranca en Pantín Concilia Tempos Verán!
Pese a abrir 3 procesos de contratación e manter aberto o prazo, tan só se presentaron 9 solicitudes para 33 prazas
A falta de socorristas só permite a Valdoviño dotar do servizo ás praias da Frouxeira e Pantín
Pese a abrir 3 procesos de contratación e manter aberto o prazo, tan só se presentaron 9 solicitudes para 33 prazas
A Aula da Natureza-Punto de Atención e o Centro de Recursos Solidarios de Narón alíanse a favor da reutilización e o reciclaxe
Impulsan unha campaña de recollida de recursos aberta á participación de toda a veciñanza, que pode facer os seus depósitos no centro
A unidade móbil de doazón de sangue trasládase xoves a Valdoviño
Situarase na Porta do Sol, diante da casa consistorial
A exposición itinerante do Pacto Verde Europeo chega este venres a Valdoviño
Situarase nas inmediacións do parque infantil da Frouxeira, e o acto oficial de inauguración terá lugar o sábado a partir das 20 horas
A bandeira multicor loce na fachada da casa consistorial no Día da Diversidade Sexual
O Concello acollerá nos campamentos Concilia Tempos Verán un Obradoiro sobre diversidades afectivos-sexuais
O Concello de Valdoviño reedita o programa de rutas guiadas polo litoral para coñecer os seus recursos e o oficio dos mariscadores locais
Propón 9 saídas para 3 itinerarios, gratuítos, e abre inscrición na primeira, que terá lugar este venres ao banco marisqueiro de Vilarrube
Cariño, Cedeira e Valdoviño reúnense para fomentar o emprendemento na transformación e diversificación do sector pesqueiro
Os tres concellos do territorio Emprendepesca reúnense para establecer as principais actividades relacionadas co emprendemento no sector pesqueiro e marisqueiro e que se desenvolven dentro do ano 2022