Cine de verán este xoves na contorna do pavillón do Longoiro coa proxección do filme de animación “A Galiña Turuleca”

O pase, organizado polo Concello, dará comezo ás 22:30 horas

Valdoviño, 4 de xullo de 2022. O Concello de Valdoviño convida este xoves a nenos/as e maiores a unha sesión de cine nocturno ao aire libre. Celebrarase na contorna do pavillón municipal do Longoiro, e dará comezo ás 22:30 horas. Alí poderán desfrutar da proxección do filme de animación «A Galiña Turuleca».

Proxectarase co apoio da Deputación, a través da Rede Cultural.