A Aula da Natureza-Punto de Atención e o Centro de Recursos Solidarios de Narón alíanse a favor da reutilización e o reciclaxe
Impulsan unha campaña de recollida de recursos aberta á participación de toda a veciñanza, que pode facer os seus depósitos no centro
Valdoviño, 29 de xuño de 2022. Os nenos e nenas da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia inician hoxe unha campaña de recollida de recursos para familias que o precisen. Unha iniciativa que levan a cabo en colaboración co Centro de Recursos Solidarios de Narón e na que se propoñen colabore a veciñanza. Forma parte do proxecto educativo do centro, e inclúese na programación adicada ao longo do curso á reciclaxe e reutilización. Un tema moi traballado polo equipo de educadoras.
Así, no día de onte, o Centro de Recursos Solidarios instalaba na galería das instalacións un contenedor onde depositar as entregas. Dende roupa -incluso en mal estado, xa que se destina neste caso á reciclaxe- ata calzado, pasando por xoguetes, electrodomésticos, mobles… aquelas cousas que xa non precisamos pero que poden resultar básicas para outras familias. E unha fantástica forma de reutilizar e reciclar.
O prazo para recepcionar as entregas manterase ata a última semana do mes de xullo, e dende a Aula da Natureza animan a todo o mundo a sumarse á súa iniciativa.