Valdoviño, sede neste 2023 do European Parasurfing Championship

Comeza a cita Europea de Surf Paralímpico máis esperada do ano

Valdoviño, 3 de xullo do 2023. A praia da Frouxeira acolle unha nova cita europea de ParaSurfing coa celebración do EuroParaSurfing 2023. Máis de 40 deportistas procedentes de 8 países europeos congréganse neste evento organizado pola Federación Europea de Surf xunto coa Federación Española de Surfing para coroar aos mellores surfistas paralímpicos do continente. 

Tras dous días de traballo exhaustivo de clasificación de atletas, hoxe tivo lugar a cerimonia de apertura na que os seguintes países presentaron publicamente aos seus deportistas e staff: Portugal, Inglaterra, Gales, Alemaña, Italia, Israel, Suiza e España. 

Destacan dende a Federación Española de Surfing o enorme traballo de clasificación realizado pola Dra. Maureen Johnson e o seu equipo de clasificadores da ISA que, durante a fin de semana, avaliaron minuciosamente aos deportistas para determinar se poden competir nunha das 9 clases oficialmente recoñecidas pola ISA para así asegurar unha competición xusta entre todos os asistentes. 

A primeira rolda de competición arrancará este martes pola tarde.