Teatro humorístico para todos os públicos este domingo con “Los limpiabotas”

Retirada de invitacións ata o venres de 11 a 14 e de 16 a 20 horas

O Concello de Valdoviño pechará a programación cultural do mes de marzo coa obra «Nino&Mambrú. Los limpiabotas», teatro humorístico dirixido a todos os públicos a cargo de Moving Compass. A función terá lugar este domingo, 28 de marzo, a partir das 18 horas na Casa da Cultura. Se o tempo acompaña, celebrarase no anfiteatro e, en caso de choiva, no auditorio. 

As persoas interesadas en asistir ao espectáculo poden retirar as súas invitacións na Casa da Cultura ata o venres de 11 a 14 e de 16 a 20 horas. A función inclúese na Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña. 

​Fortemente inspirados nas grandes figuras da historia da comedia, Nino & Mambrú presentan un espectáculo de media máscara. Inscrito nas veas do teatro físico. Acrobacia, esgrima, mimo e improvisación converxen para crear unha obra de público familiar.