Teatro Ghazafelhos proponnos este mércores en Vilaboa realizar unha viaxe pola historia das civilizacións

A cita, no local social da ACRD Rosalía, a partir das 18 horas, con entrada libre ata completar aforo

Valdoviño, 28 de decembro de 2021. Teatro Ghazafelhos ofrecerá este mércores en Vilaboa o seu espectáculo «A máquina do tempo». O local social da ACRD Rosalía albergará a función a partir das 18 horas, dirixida a un público familiar.

A máquina do tempo é unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía, Pepablo Patinho e Montse Piñón, farán un percorrido pola historia a través de dúas chamativas personaxes:  A doutora Mon e o seu axudante Pe. Durante o espectáculo precisarán da axuda do público que viaxará xunto coa doutora e o seu axudante a distintas épocas da nosa historia.

Teatro Ghazafelhos propón con esta peza teatral unha aventura educativa a partir do humor.