Charla sobre nutrición infantil para as familias do Punto de Atención á Infancia, con obradoiro saudable para minichefs
Organizada polo Concello de Valdoviño, celebrouse a semana pasada no auditorio da Casa da Cultura
Valdoviño, 27 de decembro de 2021. As familias do Punto de Atención á Infancia-Aula da Natureza tomaron parte a semana pasada nunha charla sobre nutrición infantil organizada polo Concello de Valdoviño, con obradoiro para minichefs incluído. Celebrouse no auditorio da Casa da Cultura, e correu por conta da nutricionista Laura Freire Pérez. Na mesma, e entre outros contidos, abordáronse os hábitos saudables e a alimentación sa e equilibrada, a «teoría do prato», o etiquetado dos alimentos, ou a introducción de alimentos en lactantes e os perigos dos ultraprocesados en nenos e nenas.
Así mesmo, a xornada formativa incluíu un taller saudable para minichefs dirixido aos máis pequerrechos e pequerrechas, de entre 0 e 3 anos, no que prepararon receitas sinxelas e rápidas: galletas navideñas, brochetas de plátano con chocolate fundido e figuriñas de animais con froita. Do máis saudable.