Preto dun centenar de deportistas de todas as idades tomarán parte no IV Open de Tenis Concello de Valdoviño
A competición arrancará este xoves ás 9 horas no pavillón municipal
Preto dun centenar de deportistas de todas as idades e procedentes de diferentes puntos da comarca de Ferrolterra tomarán parte na IV edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño. Así o confirmou o concelleiro de Deportes, Sergio Saavendra, que mañá ás 9 horas inaugurará a competición no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás.
O IV Open disputarase ao longo de 4 días, ata o vindeiro domingo, e o edil valorou moi positivamente a participación. Será, iso si, unha competición a porta pechada como medida de prevención fronte á covid-19, e os participantes tan só permanecerán nas instalacións no momento dos seus partidos. Rexiráse en todo caso por un protocolo específico de prevención.
A competición, en cuxa organización participa activamente a escola de tenis Justo al Revés, está aberta ás categorías prebenxamín, infantil, cadete e absoluta.
Por último, sinalar que haberá trofeo para o campión e subcampión de cada categoría e que as finais disputaranse o domingo 4 de abril pola mañá.