Olga Brañas ponlle música en Valdoviño a “O Moderno Sherlock Holmes” de Buster Keaton
As persoas interesadas en asistir á función, que terá lugar este domingo, poden retirar a súa invitación na Casa da Cultura
A Casa da Cultura acollerá este domingo o espectáculo “Cinema e música”, con Olga Brañas. Unha interesante proposta cultural na que a artista musicaliza en directo co seu piano a película “O Moderno Sherlock Holmes” de Buster Keaton (1924), con pezas que van dende infantís a clásicas, improvisacións propias ou temas de raíz. Un espectáculo que gusta tanto a nenos e nenas como ao público adulto.
Dará comezo ás 19 horas, con prazas limitadas por mor dos protocolos de prevención fronte á covid-19. Así, as persoas interesadas en asistir deben retirar a súa invitación na Casa da Cultura, a partir de mañá e ata o venres, de 11 a 14 e de 16 a 20 horas.
Comentarios