O VI Open de Tenis de Valdoviño abre inscricións

Celebrarase o sábado 15 e domingo 16 de abril no pavillón do Longoiro

Valdoviño, 5 de abril do 2023. O Concello de Valdoviño e a Escola de Tenis Justo al Revés alíanse de novo na organización dunha nova edición, a sexta, do Open de Tenis. Celebrarase no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, o sábado 15 e domingo 16 de abril, e o prazo de inscrición para tomar parte na competición ábrese hoxe no teléfono 696 84 45 53 (ata o vindeiro 12 de abril ás 23:30 horas). 

Está aberto a todas as categorías en individual e en dobres, e a cuota de inscrición é de 8 euros para persoas de 18 anos en adiante e de 5 euros para menores de 18.

En función dos/as deportistas anotados/as, elaborarase o calendario e informarase previamente dos cadros e emparellamentos.