O Concello de Valdoviño respalda a declaración do Pantín Classic Pro como Festa de Interese Turístico Nacional

A corporación aproba unha declaración de apoio á proposta

Valdoviño, 5 de abril do 2023. Trala súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia en 2016, o Pantín Classic Pro aspira agora a lograr a declaración a nivel estatal. Nese camiño, a corporación municipal de Valdoviño aprobaba en pleno o seu apoio á declaración, e na última sesión celebrada, PSOE, PP e Centristas secundaban a proposta planteada polo Clube Praia de Pantín, promotor da iniciativa e organizador do evento.

Un evento que neste 2023 alcanzará a súa trixésimo sexta edición, un campionato mundial que trascende hoxe o meramente deportivo tras celebrarse durante 35 anos de forma continua nin sequera interrompido na pandemia. E neste contexto, o Pantín Classic Pro conta con argumentos máis que sobrados para obter agora este novo recoñecemento, como a súa extraordinaria afluencia turística, tanto nacional como internacional, e o seu sobresaínte valor deportivo, e a súa constatada repercusión na proxección do concello e da propia comunidade como destino, contribuíndo ao posicionamento internacional de Galicia a nivel turístico.