O parque de Aviño acollerá unha sesión de contacontos sobre Florencio Delgado Gurriarán

Terá lugar este domingo ás 18 horas, a cargo de Trémola Teatro

Valdoviño, 17 de maio de 2022. No marco da conmemoración do Día das Letras Galegas, o Concello de Valdoviño convida a nenos/as e maiores a asistir este domingo 22 de maio ao contacontos «Florencio Delgado Gurriarán», a cargo da compañía Trémola Teatro. A actividade desenvolverase no parque de Aviño a partir das 18 h, e en caso de choiva o espectáculo celebraríase no auditorio da Casa da Cultura.

O contacontos céntrase na obra e vida de Florencio Delgado Gurriarán, e o público poderá achegarse aos seus poemas a través da súa historia de vida. Unha viaxe que nos axudará a comprender un pouco máis a nosa tradición, facendo paralelismos coa actualidade que estamos a vivir.