O Océano Surf Museo reabre as súas portas
O Océano Surf Museo reabría hoxe as súas portas en Valdoviño. Iso si, adaptando as súas normas de funcionamento á nova normalidade derivada da COVID-19. Entre estas, as persoas interesadas en visitar o único museo de España especializado no mundo do surf en exclusiva deberán solicitar cita previa. E o mesmo sistema se seguirá no caso das visitas guiadas. O sistema para facer a reserva será a través dunha mensaxe en Facebook ou Instagram (@oceanomuseosurf); do teléfono 981 48 76 66, ou do correo electrónico oceanosurfmuseo@gmail.com. A entrada continuará sendo gratuíta.
Así mesmo, o número máximo de visitantes permitido por visita será de 5 persoas, respectando sempre a distancia de seguridade. O tempo medio de estancia será de 30 minutos, establecendo franxas horarias por quendas no caso de ser necesario.
Ademais, amplíase o horario de apertura as fins de semana por ser os días de maior afluencia de visitantes.